Novo prazo de inscrición para as probas do CELGA 1, 2, 3 e 4, no 2020

 

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2020, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se continúa o prazo de presentación de solicitudes e se apraza a realización das probas convocadas mediante a Resolución do 6 de marzo de 2020 para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2020 (código de procedemento PL500C)

As probas de acreditación do CELGA retoman o seu prazo de inscrición interrompido coa declaración do estado de alarma e retrasa as datas das probas ata setembro e/ou outubro, sempre que a evolución da crise sanitaria permita desenvolvelas  en condicións de seguridade.

O prazo de inscrición estará aberto dende mañá ata o vindeiro 16 de xuño. As persoas que desexen inscribirse deben cubrir o formulario de solicitude habilitado dende a sede electrónica da Xunta de Galicia.

 

Deixa un comentario

TurismoCee