ANUNCIO. Aprobación definitiva do expediente de suplemento de crédito nº 1/2021.

ANUNCIO

O Pleno do Concello de Cee na sesión extraordinaria realizada o día 16 de marzo de 2021, acordou a aprobación
inicial do suplemento de crédito nº 1/2021, e en consecuencia, destinar 175.984,88 € do remanente para gastos xerais a incrementar as seguintes aplicacións orzamentarias:

O expediente someteuse ao trámite de información pública polo prazo de quince días, a contar desde o día seguinte da inserción do anuncio da aprobación inicial no Boletín Oficial da Provincia (BOP nº 54, do 23 de marzo de 2021), para que os interesados puidesen examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimasen oportunas.
Debido a que durante o prazo de información pública non se presentaron alegacións nin reclamacións, considérase
aprobado definitivamente o expediente de suplemento de crédito nº 1/2021.

Contra a aprobación definitiva da modificación orzamentaria, poderá interpoñerse directamente Recurso Contencioso na forma e prazos establecidos na Lei 29/1998, de 13 de xullo, Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa.

En Cee, o 16 de abril de 2021
Alcaldesa do Concello de Cee.
Margarita Lamela Louzán

Máis información:

Aprobación definitiva do Suplemento de Crédito 1/2021

Deixa un comentario

TurismoCee