Aínda que a Xunqueira xa pasou, o verán non rematou aínda en Cee e tampoco o Verán Cultural do Concello. A tradicional animación da rúa encherá Cee de acrobacias, clown, maxia e teatro entre os días 27 3 31 de agosto.
teatro
Verán Cultural 2017
O Verán Cultural 2017 en Cee ven acompañado de teatro, festas, música, baile, exhibicións, maxia, clown… ¡Atrévete a descubrilo!
Festival Fin de Curso da Escola Municipal de Teatro de Cee
O xoves, 22 de xuño, e o domingo, 25 de xuño, a Escola Municipal de Teatro de Cee representará as obras de teatro ensaiadas durante o curso. Será na Casa da Cultura de Cee.
Espectáculo para nenos con Ghazafelhos: “Iriña Bailarina”
O sábado 29 de abril, Teatro dos Ghazafelhos representará en Cee o seu espectáculo “Iriña Bailarina” para nenos maiores de 5 anos.
Espectáculo para crianzas de 0 a 3 anos con Trompicallo: O día que chegou unha nube e choveu
O sábado 22 de abril o Concello de Cee acollerá un novo espectáculo teatral especialmente pensado para crianzas de ata 3 anos. A actividade está limitada a 50 familias (un adulto por cada menor).
Dentro do programa cultural do Concello de Cee e do programa de Normalización Lingüística “Primavera con Apego“, o sábado 22 de abril, Trompicallo presenta unha obra especialmente pensada para crianzas de 0 a 3 anos na que… “Había unha vez, que non había nada, só pedras. Entón chegou unha nube, choveu e formouse un manantial. Coa chegada da auga creceu a herba, e na herba as flores e as árbores, na auga naceros os peixes e as ras, despois chegaron os insectos, as ovellas, o lobo… en fin, a vida. Pero, que acontece cando un día a auga desaparece?”
O espectáculo presentado por Trompicallo, vellos coñecidos do teatro ceense, forma parte do programa “Primavera con Apego” no que se desenvolverán diferentes actividades para a socialización en galego na infancia. É froito da colaboración do Concello de Cee e da Rede Galega de Teatros e Auditorios de Galicia.
Para conseguir a túa entrada, podes inscribirte no Servizo de Normalización Lingüística do concello (as prazas serán adxudicadas en rigoroso orde de inscrición e terán preferencia as crianzas empadroadas en Cee) ou ben comprala en taquillas, que se abrirá 45 minutos antes da hora prevista de comezo.
“O día que chegou unha nube e choveu” de Trompicallo
Idade: 0 a 3 anos
Data: sábado, 22 de abril
Horario: 18h
Espazo: Auditorio Baldomero Cores
Prezo: 2€ neno e 3€ adulto
“A Cincenta” de Teatro do Andamio en Cee para nenos
O sábado 8 de abril, Teatro do Andamio representará en Cee o seu espectáculo “La Cenicienta” para nenos maiores de 4 anos.
Espectáculo para crianzas de 0 a 3 anos con Títeres Cachirulo: Cu cú, Tas Tás
O sábado 1 de abril, por primeira vez, o Concello de Cee acollerá un espectáculo teatral especialmente pensado para crianzas de ata 3 anos. A actividade está limitada a 50 familias (un adulto por cada menor).
Cee presenta o programa Apego
Cee únese ao programa Apego que busca a socialización en galego para os nenos de 0 a 6 anos a través de actividades ou recursos dispoñibles en apego.gal.
Teatro do Andamio trae a Cee o seu espectáculo “O Ferro”
Teatro do Andamio visita Cee o domingo, 12 de marzo, par representar o seu espectáculo “O Ferro”, unha obra dirixida ao público adulto que terá lugar ás 20h no Auditorio Baldomero Cores da Casa da Cultura de Cee.
Talía presenta en Cee o seu novo espectáculo “Ubú Rei”
Talía Teatro estrea esta fin de semana a súa nova obra “Ubú Rei”. Será ás 20h, no auditorio Baldomero Cores da Casa da Cultura de Cee.