A Asociación de Unión de Pacientes “Finisterrae” presenta o seu programa de información o vindeiro venres 26 de xaneiro. Será no Auditorio Baldomero Cores da Casa da Cultura de Cee a partir das 17h.
A Biblioteca de Cee na Rede de Bibliotecas de Galicia.
A Biblioteca Municipal Francisco Mayán xa é unha das 90 bibliotecas integradas no Catálogo colectivo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Polo que os usuarios xa poden ter o novo carné cheo de vantaxes.
Entroido 2018 en Cee
O Entroido 2018 está xa a volta da esquina. Os días 13 e 17 o celebraremos en Cee por todo o alto. Festa para os pequenos, inchables, desfile, concurso… ¡Todo o Entroido en Cee!
Campaña de esquí 2018 en Cee
O Concello de Cee participa un ano máis no programa de esquí organizado pola Deputación Provincial da Coruña neste ano 2018, dirixido a nenos e nenas nados nos anos 2003, 2004, 2005, 2006 e 2007.
AVISO. Corte de auga o día 18 de decembro
Aviso remitido por Augas de Corcubión- Cee debido a un corte de auga previsto para o día 18 de decembro de 2017.
Nadal 2017/2018
O Nadal está a piques de chegar e en Cee, como sempre, ven cargado de cultura, tradición e diversión. Sobre todo, para os máis pequenos da casa. ¡Mira, mira!
ANUNCIO: Ordenanza Municipal reguladora de subvencións do Concello de Cee
O Pleno do Concello, na sesión ordinaria realizada o día 24 de novembro de 2017, acordou aprobar inicialmente a Ordenanza municipal reguladora de subvencións do Concello de Cee.
Doazón sangue en Cee. Venres, 24 de novembro
A unidade móbil de doazón de sangue estará en Cee o venres, 24 de novembro, de 10:30 a 14:00h e de 16:30 a 21h. Como sempre, diante do Centro de Saúde. Qué se note a solidariedade ceense. Doa sangue, doa vida!
Xuntos polo Nadal 2017
Se eres maior e estás so/soa polo Nadal, podes pasar estas datas acompañado. Infórmate e presenta a túa solicitude ata o 17 de novembro no Servizos Sociais do Concello.
Cee en negro contra as violencias
O Concello de Cee se suma á campaña “En negro contra as violencias” e convida ao comercio local e aos veciños a sumarse a esta iniciativa co fin de dar visibilidade á situación de violencia na que viven moitas mulleres.